Política de privacidade
Ao amparo do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e de Consello de 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación de estes datos, e da Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, a continuación informáselle sobre a política de protección de datos do Concello de Poio.
 
Datos do responsable
  • Denominación Social: Concello de Poio
  • Domicilio Social: Praza Mosteiro, nº 1 – (Convento-San Xoán) – POIO.
  • CIF / NIF: P3604100B
  • Teléfono: +34 986 770 001
  • e-Mail: contacto@concellopoio.gal
  • Nome de dominio: turismodepo.gal
  • Contacto co Delegado de Protección de Datos: rgpd@concellopoio.gal, indicando no asunto “Contacto co DPD”
 
Finalidade do tratamento
A finalidade do tratamento dos datos persoais será, con carácter xeral, para xestionar os diferentes procedementos administrativos e informar da súa tramitación, verificar ou comprobar a exactitude dos datos persoais que as persoas interesadas declaren que xa obran en poder das Administracións Públicas ou que previamente xa se achegasen, así como para realizar notificacións e tramitar recursos. Os datos tamén poderán ser tratados para xestionar peticións de información, suxestións, comunicacións en xeral e remitir boletíns informativos.
 
Lexitimación
O tratamento dos seus datos realízase para o cumprimento de obrigas legais por parte do Concello de Poio, para o cumprimento de misións realizadas en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao Concello, así como cando a finalidade do tratamento requira o seu consentimento, que haberá de ser prestado mediante unha clara acción afirmativa. En todo caso, a base da lexitimación recollerase nas cláusulas informativas básicas dispoñibles nos formularios de recollida de datos persoais.
 
Conservación dos datos
Os datos persoais proporcionados conservaranse mentres non se solicite a súa supresión ou cancelación, durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se recabaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puideran derivar da finalidade, ademais dos períodos establecidos na normativa de arquivos e documentación.
 
Comunicación de datos
Con carácter xeral non se comunicarán os datos persoais a terceiros, pero segundo a lexislación vixente e sempre que sexa necesario para a xestión do procedemento ou petición, estes poden ser comunicados a outras Administracións Públicas no exercicio das súas competencias, a diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios do Concello de Poio para dar a publicidade legalmente esixida nos procedementos onde sexa necesaria. As cláusulas informativas básicas incluirán, en todo caso, os destinatarios concretos dos datos.
 
Exercicio de dereitos
Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre os tratamento que dos seus datos estea a facer o Concello de Poio.
 
Pode exercer os seus dereitos de acceso aos seus datos, rectificación ou supresión dos mesmos, á limitación ou oposición ao seu tratamento, á portabilidade dos seus datos, a non ser obxecto de decisións baseadas unicamente no tratamento automatizado dos seus datos, así como á revocación do consentimento outorgado nun determinado momento. Deberá para isto remitir un correo electrónico á dirección rgpd@concellopoio.gal, ou mediante escrito presentado por rexistro no Concello ou enviado ao domicilio do mesmo, indicando en calquera caso o dereito que desexa exercitar e acompañado dunha copia do DNI ou documento similar que acredite a súa identidade. Infórmaselle igualmente do dereito que lle asiste de presentar reclamacións ante a Axencia Española de Protección de Datos, como Autoridade de Control competente na materia.
 

A través deste sitio web non se recaban datos de carácter persoal das persoas interesadas sen o seu coñecemento, nin se ceden a terceiros.