Páxina oficial de Turismo do Concello de Poio

O teu destino

Poio é un municipio da ribeira norte da ría de Pontevedra, un territorio situado no corazón das Rías Baixas, entre a cidade de Pontevedra e as terras do Salnés. Un auténtico balcón á ría definido historicamente pola súa dedicación aos traballos do mar e a terra.

Declarado Municipio de Interese Turístico no 2000, a súa estratéxica posición costeira e a conexión coa principal vía de comunicación de Galicia, a AP-9, fan de Poio un lugar ideal para a visita. A través dos 34 quilómetros cadrados do termo municipal son múltiples as alternativas de lecer, cultura, aloxamento e restauración. Quen nos visita pode escoller entre máis de vinte praias; arte rupestre milenaria; un dos edificios monásticos máis monumentais de Galicia; un núcleo costeiro tradicional perfectamente conservado e rehabilitado; roteiros de sendeirismo e camiños de peregrinación a Compostela e mesmo un museo dedicado ao navegante máis universal.

Que ver

En Poio poderás atopar numerosos recursos naturais e patrimoniais

Cultura e patrimonio

Que facer

Atoparás multitude de lugares para gozar, comer ou durmir. Temos unha completa oferta de paseos, roteiros, praias, natureza…

Descubre Poio

Mapa interactivo