O portal www.turismodepoio.gal, é a web oficial do municipio de Poio na que se inclúen os contidos e servizos de interese xeral dirixidos ás persoas que viven no municipio ou que desexan coñecela ou visitala, a entidades, a profesionais e a empresas con intereses no noso municipio ou que buscan un lugar con potencial para desenvolver a súa actividade.

Este portal web integra os portais temáticos e sectoriais do conxunto de áreas de actividade municipais co obxectivo de difundir e comunicar a información sobre o noso municipio, así como de fomentar e reforzar os instrumentos de participación cidadá e de entidades ou asociacións. As opinións que se expresen a través dos instrumentos de participación dispoñibles nesta web son responsabilidade exclusiva das persoas que as emitan.

O Concello de Poio non é responsable do contido, exactitude e actualización da información publicada nos portais sectoriais e aquela que provén doutras persoas físicas ou xurídicas e que conste no lugar web ou á que se remita a partir de ligazóns ou outros sistemas, con excepción da información e contidos publicados na sede electrónica que se rexen pola normativa reguladora sobre administración electrónica e polo disposto na propia sede electrónica municipal. A información publicada nesta web non posúe os efectos dun acto de publicidade xurídica nin constitúe unha notificación de actos administrativos ou de anuncios oficiais, debendo o usuario estar ao que resulte das canles de publicidade ou notificación legalmente dispostos a tal fin.

O Concello de Poio resérvase o dereito para realizar os cambios que procedan sen previo aviso, a fin de actualizar, corrixir, engadir ou modificar os contidos do portal web do municipio de Poio ou o seu deseño. En todo caso, non se responsabiliza dos contidos que terceiras partes incluísen nos hipervínculos ou links a apartados aloxados nos portais sectoriais que integra o portal do municipio www.concellopoio.gal

Autorízase a reutilización dos datos e documentos ou categorías de documentos que estean publicados para fins comerciais e/ou non comerciais, nun marco de libre competencia. Esta autorización non se aplica aos documentos sometidos a dereitos de propiedade intelectual ou industrial (como as patentes, os deseños e as marcas rexistradas) especialmente por parte de terceiros. Neste sentido, enténdese por dereitos de propiedade intelectual os dereitos de autor e dereitos afíns, incluídas as formas de protección sui géneris. O réxime de reutilización está obrigado a garantir o pleno respecto dos principios que consagran a protección de datos persoais, nos termos establecidos no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e de Consello de 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación de estes datos, e na Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais.

O deseño deste portal Web e os seus códigos fonte, como os logos, marcas, e demais signos distintivos que aparecen na mesma, pertencen ao Concello de Poio e están protexidos polos correspondentes dereitos de propiedade intelectual e industrial. O seu uso, reprodución, distribución, comunicación pública,transformación ou calquera outra actividade similar ou análoga, queda totalmente prohibida salvo que medie autorización expresa do Concello de Poio, excepto para os supostos de reutilización citados anteriormente. A licenza de uso de calquera contido deste portal Web, outorgada ao usuario, limítase á descarga do devandito contido e o uso privado do mesmo, sempre que os citados contidos permanezan íntegros e cítese a fonte dos mesmos (Lei 37/2007, do 16 de novembro, sobre reutilización da información do sector público).

Os posibles conflitos relativos a este lugar web rexeranse exclusivamente polo dereito que afecte o Estado español, sendo os xulgados de Pontevedra os únicos competentes. Todos os usuarios e usuarias aceptan o cumprimento e respecto desta cláusula.